El café de la historia - Refranes de La Coruña

Refranes de A Coruña

¿Te ha gustado? ¡Compártelo!

Autor: El café de la Historia


INICIO » REFRANES GALLEGOS » Refranes de A Coruña


Dichos y refranes de A Coruña y su provincia

  • Non te cases n-a Coruña nin tampouco n-o Ferrol; mira que che han de poner as armas d’o caracol.
  • Vivir na Coruña que bonito é, andar de parranda e dormir de pé.
  • Mientras Vigo trabaja, Pontevedra duerme, Santiago reza y La Coruña se divierte.
  • A San Andrés de Teixido el que no va de vivo, va de muerto.
  • A chuvia en Santiagho trae o millo ó aghro.
  • Os da Coruña, cartos na unlla.
  • Cando chove e hai lúa, o trasno anda pola Cruña.
  • En Ares, non te pares; en Redes, non te quedes; en Camonco, para pouco; en Cervás, volve pr’atrás.
  • Ouen pasóu a Marola pasóu a mar toda.
  • Indo para Santiago, n’o encontrei senon urtigas; volvéndome para Arzúa, ¡ai qué lindas raparigas!
  • As garelas de Betanzos, aquetas d’o abanico, levan un gato n-a cesta.
  • Amiguiños si, pero a vaquiña polo que vale.
  • Cando chove e fai sol, anda o Demo solto por Ferrol.
  • Encargos sin diñeiro, chegan a Sigüeiro.
  • Nunca llovió que no escampara.
  • Para pescados, Cayón; para moletes, Cerceda; para mozos arrogantes, a parroquia de Loureda.
  • A Coruña rabuña.
  • El país de las Marinas es vergel encantador, al que Dios ha concedido la amenidad del Jordán y la fertilidad del Hebrón.
  • Por Santos neve nos campos.
  • Os de Curtis mataron un burro, os de Teixeiro comérono crudo, i-os de Fisteus mandaron recado, que lles gardaran a punta do rabo.
  • Xente nova e leña verde todo e fume.
  • Marzo, marzán, a mañá cara de rosa, a tarde cara de can.
  • Dende Madri hastr’a Cruña, moito camino hai qu’andar, desd’unha lúa aútra lúa non s’acaba de chegar.
  • Cando as pedras do Xalo choran, ventan auga.
  • Bótall’ unha d’ a Manía, bótall’ unha mahiáa, bótall’ unha d’ a ribeira, bótall’ unha ribeiráa.
  • Cando os corvos berran, chuvia segura.
  • Al entrar en La Coruña, lo primero que se ve, la fábrica de Tabacos y la Torre y el Cuartel.

Más refranes de A Coruña

  • Cando Monte Louro se pon a monteira, tomalle todos os rizos a’s velas.
  • E xa veredes como, onde non xiou no primeiro mes, pode, contra os ditos, chover tres.
  • Aunque che son das marinas, d’as Marinas de Beíanzos; aunque che son d’as Marinas, non che vendo garabanzos.
  • Cando os corvos berran, chuvia segura.
  • Coa muller e o diñeiro, non xogues compañeiro.
  • As rapaciñas d’o Burgo, xa non se poden casar, que lies cheira moito o alentó a la salitre del mar.
  • Entre marzo e abril sal o cuco do cubil.
  • Vale mais un mal arranxo ca un bó preito.
  • Si me deran a escoller, eu non sei qu’escolleria: si entrar n’a Cruña de noite o entrar n’o ceo de día.
  • Nadal nadar e xaneiro xiar.
  • O cura de Vigo e sastre, o de Marín mariñeiro o de Ferrol ferrolano, e o da Coruña larpeiro.
  • Apártate bretema meiga e deisa pasar a lua que estou no medio do Mar y quiero ver a Coruña.
  • A Coruña, ciudad de cristal.
  • As rapaciñas d’a Arzúa, eu direi quen elas son; collen seu pai po-las barbas, ‘Anda por eiqui, castrón’.
  • Por Santos neve nos altos.
  • E que cho reparta o corpo.
  • Mexan por nós e temos que dicir que chove.
  • Entre marido e muller, soio paz debes poner.
  • Montelouro con touca, chuvia moita ou pouca.
  • Por Navidá recoller leña e calenta-las canelas.
  • En Ares hai boas mozas, en Mugardos, a flor de elas, en Chanteiro, refugallo, en Cervás, todas son vellas.
  • Quen polo seu gusto morre, ata a morte lle sabe.
  • Por Nadal, chover ou nevar.
  • Marzo sacou a madre ó sol e matoa dun pedrazo.
  • A muller aseada, o berce feito i ela peitada, tan logo está levantada.
  • O que queira patacas en maio que as bote no San Paio.
  • Quédate con Dios, Arzúa, con ventanas e vidreiras, que de todos me despido menos d’as mozas solteiras.
  • Entre pais e fillos non métas os fuciños.
  • O gaitero de Bioño malo costado o mate, que non quer toca-la gaita sin tomar o chiculate.
  • Por San Xoán, a sardiña mete o pan.
  • Santa Cristina, nin boa vaca, nin boa veciña ou cante que Aldeíña de Santa Cristina, aldea de poucos homes e os pouquiños que quedan chámanlle remendafoles.
  • Marzo ventoso i abril chuviñoso sacan a maio florido i hermoso.
  • O que a túa muller non poida saber, non o debes facer.
  • As mininas de Boel, ponen o pé n-auga crara non se lle quere avolver.
  • Auga a ferver, percebes botar, auga a ferver, percebes sacar.
  • Na semana de Ramos lava os teus panos, ca na de Pasión ou poderás ou non.
  • Adiós as ostras d’o Burgo, e as ostras d’o Pasaxe, a Virxe de Pastoriza nos dé a todos bo viaxe.
  • Cada cal arrima as brasas á súa sardiña.
  • Tabaco, vino e muller botan un home a perder.
  • Esta aldeiña de Cambre, moito viva que-n-a honra, de maná, por autr’o souto en busca de boa sombra.
  • O cura de Corme é xastre, o de Malpica é mariñeiro, o de Pazos, labrador e o de Cesullas, gaiteiro.
  • A chuvia en agosto trai millo a rostro.
  • Elas de Laiño son, collen o junco ñas brañas vano á vender á Padrón.
  • Marzo ventarrón, abril chuviscón.
  • Miña Virxe d’os Milagros, ¡qué che foron levantar! ¡Que tinas un home morto debaixo d’o ten altar!
  • Mes de xaneiro é mes xieiro.
  • Mondigo acapelado, nordeste ó rabo.
  • Os do Castelo mataron un burro, os do Caramiñal comérono crudo, os de Palmeira izaron bandeira, para comerse a tripa cagueira.
  • Serán ó monte, bois á corte; serán ó mar, bois a labrar.
  • A Coruña no é Coruña, si non un puerto de mar, onde navega meu Pepe, onde pode navegar.
  • Vaiche n-a misa en Conxo.
  • Dica san Martiño pan e viño e de san Martiño pa diante fame e frío.
  • Maio pardo, san Xan claro.
  • Becerreiros de Brión, racheiros de Santomé, capatoxas de Trasmonte, do demo mentira é.
  • Cen arañado, chuvia de contado.
  • A Virxe de Cerca vaise, o cabildo vay con ela; panadeiñas d’a prasa, vinde a despedirvos d’ela.
  • Cando con nordés chove, as pedras se moven.
  • Natal, inverno caroal.
  • O arco da vella á travesía, tres semanas de invernía.
  • Os de Feás matan a bestia. os de Coruxou cómena fresca, Churio, Muniferral e Cambás non valen cen reás.
  • Se chove en abril, sal a augha polo carril.
  • Madre de Dios de Chanteiro, deano-lo vento en popa, que somos os mugardeses, levamol-a vela rota.
  • En maio aínda a vella queima o tallo, aínda que sea de carballo.
  • Néboa en Padrón, sinal de cerrazón.
  • Aldea de Santa Cristina, aldea que de todo ten, boa mazán, boa pera e boas mozas tamén.
  • Ceo caspento, chuvia ou vento.
  • Monelos e Palavéa, Vilaboa e mais Carral, que son os catro partidos d’a pedra fundamental.
  • Nieblas a Miranda, nordés de banda.
  • Ata o corenta de maio, non te quites o saio.
  • Abril, se por mal quere vir, inda as portas non deixa abrir.
  • Nosa Señora de Sada ala vai pol-a ribeira collendo conchiñas brancas, metendo-as n’a faltriqueira.
  • Cando Barbanza ten touca, ou moita chuvia ou pouca.
  • En Nadal nadar.
  • Marzo marzola, trebón e raiola.
  • Meu divino San Andrés, meu divino Santo bou, pediuche un rapaz bonito e trasme un papalaison.
  • Cando a abaladoira sona, ou chove ou trona.
  • No setembre ou secan as fontes ou levan as pontes.
  • Aire de Carnota, nin bo viño nin boa bota.
  • Aire de suán, chuvia na man.

ETIQUETADO EN:

Si te ha gustado ¡Compártelo!



Síguenos en las redes para no perderte ninguna publicación



¿Qué es un refrán?

Un refrán es un frase de origen popular repetida tradicionalmente de forma invariable, en la cual se expresa un pensamiento moral, un consejo o una enseñanza, particularmente la que está estructurada en verso y rima en asonancia o consonancia.


Aviso legalPrivacidad Política de cookies – Copyright © 2023. Todos los derechos reservadosContacto